Croquetas de bacallau

Ingrediente y peso:

Bacallau en migas 0.15 Kg

Fariña 0.20 Kg

Aceite de oliva virxe 0.20 litro

Allos un diente

Pan rallado 150 gr.

Ovos 3 unidades

sal, pimienta y nuez moscada.

Elaboración: 

Desálanse as migas de bacallau durante 6 horas como mínimo. (Dependendo do grosor)
Nunha pota cun pouco de auga dáselle unha fervedura ao bacallau, escúrrese despois aproveitando a auga nun recipiente.
Ponse a auga ao lume nun cazo, completando con leite ata obter unha medida dun litro.
Noutro cazo ponse o aceite virxe co dente de allo picado e déixase dourar; unha vez dourado retírase e engádeselle a fariña.
Deixamos cocer un pouco a fariña co aceite e retiramos, permitindo que enfrie esta mistura chamada Roux.
Unha vez enfriado o roux engadimos o bacallau picado fino, e, deseguido, o leite fervendo. Remover para que non faga grumos.
Colocamos ao lume removendo e deixamos que volva levantar o fervor. Engadimos o sal, a pementa e a noz moscada.
Cando se despegue dos bordes do cazo podemos dicir que está lista.
Vertémola nunha fonte fonda untada cun pouco aceite e deixamos enfriar.
Formamos boliñas e pasamos por ovo e pan rallado.
Fritimos en abundante aceite e retiramos para unha placa con papel absorbente. Empratamos e listo para comer.
NOTA.-
A AUGA PARA DAR UNHA FERVURA AO BACALLU DEBE SER A MINIMA POSIBLE.
ESTE PRATO TAMEN SE PODE FACER COS RESTOS DOUTRO PLATO DE BACALLAU (BACALLAO O FORNO.etc.) sin dar a fervura

Receta para 8 niños de José Manuel Fontán Araujo